{*tit_cineuropa}

Compostela cultura

Venda de entradas

Caixa GaliciaAs localidades están á venda no teléfono: 902 43 44 43, e tamén poden mercarse a través da web de Caixa Galicia, ou ben no despacho de billetes do Teatro Principal.

As taquillas do Teatro Principal e do Salón Teatro abren ás 15:00 horas cando hai proxeccións.

As localidades da Aula Sociocultural de Caixa Galicia poden adquirirse desde unha hora antes da primeira proxección no despacho de billetes da propia Aula. As localidades da sede da Fundación da Caixa Galicia hai que mercalas no despacho de billetes do Teatro Principal.

Para o concerto do día 11 na Sala Capitol poden mercarse as entradas, ademais de en Caixa Galicia, en Discos Gong, na Reixa e, na véspera do concerto ou o mesmo día, no Teatro Principal a partires das 15:00 h.

O prezo das entradas é de 3 euros e 20 se se merca un abono para 10 películas. O programa do festival pode adquirirse por 0.50 euros, ou ben de xeito gratuíto mediante a compra dun abono. O prezo da entrada para o maratón será de 5 euros, e o do concerto na Sala Capitol, de 3 euros.

O filme O noveno principio, as Sesións Especiais Emerxentes, a Noite Especial Crebinsky, os filmes dos Beatles, as galas de entrega de premios e mais a inauguración son de entrada gratuíta previa recollida da localidade na billeteira.

O calendario está sometido a posibles cambios pero pódense consultar a carteleira diaria na web de Compostela Cultura e mais no programa desta web.

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009