{*tit_cineuropa}

35 Rhums
Compostela cultura

35 Rhums

Director: Claire Denis

Lionel (Alex Descas) é un home de mediana idade, viúvo e de poucas palabras. Traballa como condutor de trens e vive nun modesto edificio de apartamentos de París coa súa filla Joséphine (Mati Diop). Os dous levan unha existencia confortable e feliz baseada na confianza e no cariño mutuo que se profesan.

O tempo pasa e os primeiros signos de cambio aparecen na vida do pai e mais da filla. Achégase a idade da xubilación para Lionel mentres que Joséphine está a piques de comezar unha relación sentimental. Gabrielle (Nicole Dogué) vive no mesmo edificio e ve en Lionel o home co que quizais podería pasar o resto da vida. Noé (Grégoire Colin), outro dos veciños, é un mozo inquieto evidentemente atraído por Joséphine.

Xuntos forman unha verdadeira familia e comparten o tempo mentres comen nas súas casas ou se reúnen nos bares. Con todo, semella que chegou o momento no que Joséphine iniciará unha nova vida, e con ela todos os demais.

Ficha artística:

  • Intérpretes: Alex Descas (Lionel), Mati Diop (Joséphine), Grégoire Colin (Noé), Nicole Dogué (Gabrielle).

Ficha técnica:
  • Guión: Claire Denis e Jean-Pol Fargeau.
  • Produción: Bruno Pesery.
  • Música: Tindersticks.
  • Fotografía: Agnès Godard.
  • Montaxe: Guy Lecorne.
  • Deseño da produción: Benoît Pilot.
  • Vestiario: Judy Shrewsbury.

Datos técnicos:
  • País: Francia.
  • Ano: 2008.
  • Duración: 100 minutos.
  • Xénero: Drama.


27 de novembro de 2009
21:30
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

29 de novembro de 2009
23:00
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

30 de novembro de 2009
16:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

1 de decembro de 2009
16:00
Salσn Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009