Director: Claire Denis
Claire Denis desenvolveu unha das carreiras máis valentes do cinema moderno, sempre comezando onde a maioría dos directores rematan e saíndo airosa do seu paso por territorios inexplorados.
Con L’intrus, intérnase nun territorio que non só non foi explorado senón que, ata agora, era completamente descoñecido. Inspirada na breve reflexión autobiográfica do filósofo Jean-Luc Nancy sobre o seu transplante de corazón e construíndo o filme arredor da elocuentemente triste presenza de Michel Subor.
Denis non só conta a historia do Louis que interpreta Subor, senón que a sente, e atravesa a coiteladas os seus contornos ata que chega ao núcleo. Esta é unha película sobre a morriña no nivel máis profundo que se poida imaxinar, por un fillo do outro lado do mundo e por unha vida que sempre está noutra parte. Mentres segue a Louis desde os Alpes franceses ata Xenebra, Pusán e a Polinesia na procura do fillo que medrou sen el, Denis mantén un equilibrio extremadamente delicado, se non precario, entre a presenza e a ausencia: a presenza certeira do mundo físico, de montañas, lagos, bosques, praias e océanos; e a ausencia de completude, sensación que, para Louis, sempre estará a un continente de distancia.
Fotografada, coma sempre, pola grande Agnès Godard. Os flashbacks foron tomados da inconclusa adaptación de A illa da aventura de Stevenson que realizou Paul Gégauff en 1961.
Ficha artística:
20 de novembro de 2009
20:00
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)
3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.
21 de novembro de 2009
16:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)
3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.
23 de novembro de 2009
17:45
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)
3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.