Director: Javier Rebollo
La mujer sin piano é o retrato dunha ama de casa calquera a comezos do século XXI en Madrid. A protagonista é unha muller casada para a que non hai nada comparable á íntima satisfacción de ver o prato fumegante servido con admirable puntualidade á hora da comida. A película conta vinte e catro horas da súa vida doméstica, laboral e sexual, unha vida da que unha noite decide escapar, e conta todo o que lle pasa nesta fuga que dura o que dura a noite.
Quizais alguén diga que esta é unha película sobre a alienación e mais a escravitude dunha ama de casa, pero en realidade é a historia dunha muller que, entrando na menopausa, sen amizades, nin relacións sociais, que viviu toda a vida entregada á familia, que non se ve bonita, nin lle gusta o seu pelo, se deixa arrastrar pola noite.
Ficha artística:
5 de novembro de 2009
20:15
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)
3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.
6 de novembro de 2009
22:00
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)
3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.
7 de novembro de 2009
22:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)
3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.