{*tit_cineuropa}

Miryang (Secret Sunshine)
Compostela cultura

Miryang (Secret Sunshine)

Director: Lee Chang-dong

Tras o pasamento do seu marido, Shin-ae (Jeon Do-yeon) decide trasladarse de Seúl a Miryang, a pequena cidade natal daquel, e leva consigo o fillo pequeno. Shin-ae pretende con este cambio comezar unha nova vida nun lugar no que poderá pasar desapercibida e poderá regresar profesionalmente á súa gran paixón como profesora de piano. Pero, inesperadamente, cando paseniñamente se ían habituando á nova vida, o fillo de Shin-ae é secuestrado. Shin-ae, desesperada ante os acontecementos e sen saber a quen lle pode pedir axuda, decide agarrarse con forza á única táboa de salvación que semella que se pon ao seu alcance: a relixión.

Ficha artística:

  • Intérpretes: Jeon Do-yeon (Lee Shin-ae), Song Kang-ho (Kim Jong-chan), Seon Jeong-yeob.

Ficha técnica:
  • Guión: Lee Chang-dong; baseado na novela de Yi Chong-jun.
  • Produción: Hanna Lee.
  • Música: Christian Basso.
  • Fotografía: Cho Yong-kyu.
  • Montaxe: Kim Hyun.
  • Deseño da produción: Sihn Jeom-hui.
  • Vestiario: Cha Sun-young.

Datos técnicos:
  • País: Corea do Sur.
  • Ano: 2007.
  • Duración: 142 minutos.
  • Xénero: Drama.


6 de novembro de 2009
17:30
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

7 de novembro de 2009
16:00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

8 de novembro de 2009
17:45
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009