Director: Marc Recha
Arnau (Marc Soto) é un mozo que vive no seu imaxinario de papel, inmerso na súa fráxil realidade, viaxa inconscientemente cara á deriva. Os seus compañeiros de viaxe son uns cantos paxaros antores: pimpíns, verderolos, liñaceiros comúns e un xílgaro que é a esperanza da súa vida.
Ningún outro canta coma el, grazas a moitas horas de traballo paciente e un minucioso adestramento. Con todo, Arnau vive apenas sen respirar porque algo moito máis intenso lle devora o corazón. A súa nai está no cárcere de Vad-Ras á espera de xuízo, e as cousas non melloran.
Así que este rapaz que vive coa súa irmá Sole (Eulàlia Ramon) nun barrio de Barcelona en plena transformación, que soña esperto pasando as tardes co seu irmán Sergi (Eduardo Noriega), que vai co seu tío Ramón (Sergi López) ao canódromo da Meridiana; elabora un plan para sacar a súa nai do cárcere. Esta decisión vaino catapultar cara a unha dura realidade.
Ficha artística:
26 de novembro de 2009
20:15
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)
3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.
29 de novembro de 2009
19:45
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)
3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.