{*tit_cineuropa}

Septiembre del 75
Compostela cultura

Septiembre del 75

Director: Adolfo Dufour

Flor Baena, a irmá de Xosé Humberto Baena, prosegue a incansable loita que determinou a vida dos seus pais durante os derradeiros anos da súa vida: reivindicar a inocencia e a memoria de Xosé Humberto, militante do FRAP fusilado o 27 de setembro de 1975, con tan só vinte e catro anos, tras un consello de guerra sumarísimo na fin do franquismo no que o acusaron do atentado que matou o policía armada Lucio Rodríguez, de 23 anos.

No proceso non se presentaron probas materiais nin testemuñas. Xosé Humberto sempre mantivo ante a súa familia que era inocente.

Ficha artística:

  • Intérpretes: A familia Baena, Jorge Porrit, Manuel Reinoso, Xosé Luis Méndez Ferrín, Doris Benegas, Alberto Estévez, José Luis Morales, Pablo Mayoral, Manuel Blanco Chivite.

Ficha técnica:
  • Guión: Adolfo Dufour.
  • Produción: Pantalla Partida.
  • Música: José Ángel Lázaro.
  • Fotografía: Miguel Ángel López e Pablo Mínguez, en cor.
  • Montaxe: Nieves Martín.
  • Locución: Alberto San Juan.

Datos técnicos:
  • País: España.
  • Ano: 2009.
  • Duración: 95 minutos.


27 de novembro de 2009
21:00
Fundación Caixa Galicia
Rúa do Vilar, 19. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 552 577

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009