{*tit_cineuropa}

Serbis
Compostela cultura

Serbis

Director: Brillante Mendoza

A familia Pineda -un matriarcado arredor do cal pululan fillos, netos, primos e sobriños- rexenta un vello, barroco, decadente e labiríntico cinema que se dedica ao xénero erótico. Mentres os membros da familia soben e baixan escaleiras nos seus quefaceres cotiáns, viven alleos a todo o que ocorre na sala e os máis que poboados corredores do cinema, nos que a prostitución e os travestís campan como queren.

Coa buliciosa Manila como incesante ruído de fondo, o cinema, que tamén é a vivenda da familia, revélase como un microcosmos coas súas propias normas. Especie de neorrealismo á filipina, a aridez e a aparente crueza da acción (que apenas abandona o cinema) non fai máis que aumentar a tenrura que espertan os membros deste sorprendente clan. Quizais non resulte tan irónico que o nome do cinema sexa Family.

Ficha artística:

  • Intérpretes: Gina Pareño, Dan Alvaro, Mercedes Cabral, Julio Diaz, Roxanne Jordan, Jacklyn Jose, Coco Martin.

Ficha técnica:
  • Guión: Armando Lao.
  • Produción: Ferdinand Lapuz.
  • Produción executiva: Didier Costet.
  • Música: Gian Gianan.
  • Fotografía: Odyssey Flores.
  • Montaxe: Claire Villa-Real.
  • Deseño da produción: Benjamin Padero e Carlo Tabije.

Datos técnicos:
  • Países: Filipinas e Francia.
  • Ano: 2008.
  • Duración: 94 minutos.


5 de novembro de 2009
23:45
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

7 de novembro de 2009
23:45
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

9 de novembro de 2009
16:00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009