{*tit_cineuropa}

The September Issue
Compostela cultura

The September Issue

Director: R. J. Cutler

Anna Wintour, a lendaria editora xefa de Vogue durante os últimos 20 anos, é a figura máis poderosa e influente do mundo da moda. Cun look moi definido, sempre escondida tras a súa característica melena e as célebres lentes de sol, nunca, ata agora, permitira que ninguén se internase nas entrañas da súa redacción.

Cun acceso ata agora sen precedentes, o realizador R.J. Cutler introduce o espectador nun mundo que ata ese momento cría que coñecía. Ano tras ano, a xente corre aos quioscos para se facer co número de setembro de Vogue. A edición do ano 2007 foi, e aínda hoxe o segue sendo, o máis grande da historia. Todas as súas cifras eran de marca: case dous quilos de peso e trece millóns de lectores. Ese número moveu máis de 300 billóns de dólares na industria global da moda, e agora, R.J. Cutler descobre todo o que ocorreu durante a preparación.

Ficha artística:

  • Intérpretes: Anna Wintour, Grace Coddington, Thakoon Panichgul, André Leon Talley, Oscar de la Renta, Karl Lagerfeld, Jan Paul Gaultier, Coco Rocha, Sienna Miller.

Ficha técnica:
  • Produción: Eliza Hindmarch e Sadia Shepard.
  • Música: Craig Richey.
  • Fotografía: Bob Richman.
  • Montaxe: Azin Samari.
  • Dirección artística: Gareth Smith e Jenny Lee.

Datos técnicos:
  • País: EUA.
  • Ano: 2009.
  • Duración: 88 minutos.
  • Xénero: Documental.


30 de novembro de 2009
18:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

1 de decembro de 2009
18:00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009