{*tit_cineuropa}

Tulpan
Compostela cultura

Tulpan

Director: Sergei Dvortsevoy

Tras rematar o servizo militar na armada, Asa disponse a regresar ao seu lugar de nacemento na agreste estepa de Kazakstán. Alí viven a súa irmá maior, e mais o marido desta, dedicados á única ocupación posible naquel lugar; os rabaños de ovellas. Deles aprende que se se quere dedicar ao gando, e ter a súa propia gandaría, vai ter que atopar unha muller. O problema é que as mozas solteiras non abundan na zona.

Tulpan, a filla doutra familia de pastores, parece que é a única candidata posible, pero ela ten outros plans. Quere abandonar o campo para poder estudar e atopa a escusa perfecta para rexeitar a Asa ante os seus pais: ten as orellas moi grandes. De calquera xeito, Asa non se vai render tan facilmente e coa colaboración do seu amigo Boni esforzarase en lle demostrar a todo o mundo que pode ser un bo pastor e un pretendente adecuado para Tulpan.

Ficha artística:

  • Intérpretes: Tolepbergen Baisakalov, Odas Besikbasov, Samal Esljamova, Askhat Kuchencherekov, Bereke Turganbayev.

Ficha técnica:
  • Guión: Sergei Dvortsevoy e Gennadi Ostrovsky.
  • Fotografía: Jolanta Dylewska.

Datos técnicos:
  • Título orixinal: Tulpan.
  • Países: Kazakstán.
  • Ano: 2008.
  • Duración: 100 minutos.
  • Xénero: Comedia.
  • Produtora: Coprodución Kazakstán, Rusia,
    Polonia, Alemaña, Suíza; Pallas Film.

Premios (2008):
  • Cannes: Premio «Un Certain Regard».
  • Festival de Zürich: Mellor película.
  • Festival de Gijón: Mellor director.


4 de novembro de 2009
22:00
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

5 de novembro de 2009
22:00
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

7 de novembro de 2009
16:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009