{*tit_cineuropa}

Un autre homme
Compostela cultura

Un autre homme

Director: Lionel Baier

François chega coa súa noiva a unha aldea do val de Jura. Alí, ela vai traballar como mestra e el como editor, redactor e todos os demais roles do xornal do lugar. Unha das inesperadas tarefas do xornalista será facer unha nota sobre cada película que se dea as fins de semana no cinema do lugar.

François interesarase, apaixonarase, obsesionarase con se converter en crítico de cinema. Ten a oportunidade, sabe copiar as poses e outras cousas e empezará a ir ás funcións privadas. Pero mesmo para alguén sibilino coma François ese mundo ofrecerá sorpresas, riscos e novidades.

Un autre homme -con referencias sobre o cinema e chea de diversos tics do ambiente xornalístico crítico e cultural- é unha comedia malvada e aceda sobre alguén que descobre que o que quere ser non é o que é, pero que ademais -e nisto terá que ver o central, impresionante e fascinante personaxe de Rosa- deberá decatarse de que o que quere ser
é moito máis complicado do que parece. Baier logra que todo este enredo flúa con graza e con intelixencia, da variante corrosiva.

Ficha artística:

  • Intérpretes: Robin Harsch, Natacha Koutchoumov, Elodie Weber.

Ficha técnica:
  • Guión: Lionel Baier.
  • Fotografía: Lionel Baier.
  • Montaxe: Pauline Gailliard.

Datos técnicos:
  • Título orixinal: Un autre homme.
  • País: Suíza.
  • Ano: 2008.
  • Formato: 35 mm.
  • Duración: 89 minutos.
  • Xénero: Drama.


23 de novembro de 2009
18:45
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

25 de novembro de 2009
16:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

28 de novembro de 2009
17:30
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009