{*tit_cineuropa}

Un conte de Noël (Un conto de Nadal)
Compostela cultura

Un conte de Noël (Un conto de Nadal)

Director: Arnaud Desplechin

Abel (Jean-Paul Roussillon) e Junon Vuillard (Catherine Deneuve) teñen dous fillos, Joseph e Elizabeth (Anne Consigny). Afectado por unha estraña enfermidade xenética, Joseph necesita un transplante de medula ósea. Elizabeth non é compatible e entón os seus pais deciden ter un terceiro fillo, Henri, coa esperanza de poder salvar a Joseph.

Pero tampouco é compatible, e Joseph morre con sete anos. Despois nacerá Iván, o cuarto e derradeiro fillo. Pasan os anos, e Elizabeth convértese en autora teatral en París; Henri vai de negocios de éxito a crebas fraudulentas, e Iván, cunha adolescencia moi problemática, converteuse no pai case razoable de dous nenos un pouco raros.

Un día, Elizabeth, exasperada polos excesos do seu irmán Henri, decide excluílo de calquera relación coa familia. Ninguén sabe exactamente que pasou nin por que. Henri desapareceu e a familia parece disolta. Un conto de Nadal comeza cando Junon descobre que ten a mesma enfermidade que sufría Joseph. Hai que atopar un doador entre os membros da súa familia, e Paul, o fillo de Elizabeth, un adolescente problemático, semella que é o candidato máis apropiado.

Achégase o Nadal. Reúnese toda a familia para pasar tres días na casa de Roubaix. Convencido por Paul, Henri (Mathieu Amalric) aceptou a invitación e chega acompañado polo seu novo amor: Faunia (Emmanuelle Devos). Chegou o momento de arranxar contas...

Ficha artística:

  • Intérpretes: Catherine Deneuve (Junon), Jean-Paul Roussillon (Abel), Anne Consigny (Elizabeth), Mathieu Amalric (Henri), Melvil Poupaud (Iván), Hippolyte Girardot (Claude), Emmanuelle Devos (Faunia), Chiara Mastroianni (Sylvia), Laurent Capelluto (Simon), Emile Berling (Paul).

Ficha técnica:
  • Guión: Arnaud Desplechin e Emmanuel Bourdieu.
  • Produción: Pascal Caucheteux.
  • Música: Grégoire Hetzel.
  • Fotografía: Eric Gautier.
  • Montaxe: Laurence Briaud.
  • Dirección artística: Dan Bevan.
  • Vestiario: Nathalie Raoul.

Datos técnicos:
  • País: Francia.
  • Ano: 2008.
  • Duración: 143 minutos.
  • Xénero: Drama, comedia.


27 de novembro de 2009
17:30
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

30 de novembro de 2009
17:30
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

2 de decembro de 2009
17:45
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009