{*tit_cineuropa}

Ai no mukidashi (Love Exposure)
Compostela cultura

Ai no mukidashi (Love Exposure)

Director: Sion Sono

O mozo Yu (Nishijima Takahiro) medrou no seo dunha familia católica. Vive co seu pai, que despois de enviuvar se fixo sacerdote pero enfronta as tentacións do mundo terreal. El mesmo empeza a desenvolver un hobby secreto: deambular pola cidade na procura de mozas fermosas e roubarlles fotos das súas entrepernas (en Xapón verán Paixón de sábado?).

No medio de semellante festival do contrapicado coñece a Yoko (Mitsushima Hikari), unha moza karateka que o engaiola... pero é a filla dunha íntima amiga do seu pai. De pronto un estraño culto relixioso interfire nas súas vidas e afasta a Yu dos seus…

E isto é só o comezo do último capricho do director de Suicide Club, un magnum opus de catro horas de duración! que salta dun xénero para outro nun éxtase bulímico e demoledor. Herexía, sangue a chorros, lesbianismo, espadas samurai… Que máis se pode pedir? Ah, si: di Sono que «o máis importante é o amor».

Ficha artística:

  • Intérpretes: Nishijima Takahiro, Mitsushima Hikari, Ando Sakura, Watanabe Makiko, Watabe Atsuro.

Ficha técnica:
  • Guión: Sion Sono.
  • Produción: Yutaka Morohashi.
  • Fotografía: Souhei Tanigawa.
  • Montaxe: Ito Junichi.

Datos técnicos:
  • País: Xapón.
  • Duración: 237 minutos.


23 de novembro de 2009
22:15
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

28 de novembro de 2009
23:45
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009