Director: Cherien Dabis
A vida de Muna transcorre entre a amoladura diaria dos puntos de control de Cisxordania e a sombra dun matrimonio fracasado, pero todo cambia cando obtén un permiso de traballo e residencia para EE.UU. Sabendo que é a única maneira de conseguir un futuro mellor, Muna e mais o seu fillo adolescente, Fadi, deixan Palestina en busca dunha nova vida nunha pequena cidade de Illinois.
A irmá de Muna, o seu marido e as súas tres fillas, instalan os que acaban de chegar na súa casa. Alí terán que se esforzar por encaixar nunha nova cultura sen perder a propia, enfrontándose a un contorno que, tras a invasión de Iraq, mira con desconfianza a todo Oriente Medio. Mentres Fadi conxenia coa súa prima rebelde e métese en leas no instituto, a indomable Muna non perde a esperanza e, a pesar de ter que levar unha dobre vida na hamburguesaría local, afronta con optimismo esta nova etapa, ensinándolle ao seu fillo unha lección que nunca esquecerá.
Ficha artística:
5 de novembro de 2009
22:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)
3 . Abono para 10 filmes, 20 .
7 de novembro de 2009
18:30
Salσn Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681
3 . Abono para 10 filmes, 20 .
9 de novembro de 2009
20:00
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)
3 . Abono para 10 filmes, 20 .