Director: Miguel Gomes
Un verán coma outros, na portuguesa Arganil. Hai procesións relixiosas, mozos que acampan, veciños simpáticos e fogos artificiais que alternan con bandas de música popular e con situacións como a do director dunha película -a que estamos a ver- que ve ameazada a continuidade da rodaxe e os esbozos de conflitos e atraccións entre algúns dos integrantes das bandas.
Pero dun xeito imperceptible, a un tempo máxico e mítico, esa aparencia «documental» vaise esvaecendo para deixar asomar a contracara que merece, o seu complemento de espesor «ficcional», e as cancións xa deixan de sucederse no seu carácter festivo para empezar a iluminar un triángulo amoroso melodramático.
A extrema orixinalidade de Aquele querido mês de agosto non está só no xeito complexísimo co que Gomes filma o simple e o banal, nin na notable singularidade para facer converxer accións ou diálogos ou personaxes simultáneos nun mesmo plano, senón no modo en que volve indiscernible a fronteira entre o real e o ficcional, así, sen comiñas que os distingan. Unha película única que nos fai pensar en moitas películas e situacións da vida, diferenciándose de todas.
Ficha artística:
25 de novembro de 2009
22:15
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)
3 . Abono para 10 filmes, 20 .
29 de novembro de 2009
16:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)
3 . Abono para 10 filmes, 20 .
30 de novembro de 2009
00:00
Salσn Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681
3 . Abono para 10 filmes, 20 .