{*tit_cineuropa}

Ashes of Time Redux
Compostela cultura

Dung che sai duk (Ashes of Time Redux)

Director: Wong Kar-wai

Ashes of Time Redux céntrase na historia dun home que se chama Ouyang Feng (Leslie Cheung). Desde que a muller que o amaba o abandonou polo seu irmán maior, Ouyang viviu no deserto contratando expertos guerreiros para levar a cabo asasinatos por encarga. O seu corazón ferido converteuno en alguén sen piedade e nun cínico, pero os seus encontros con amigos, clientes e futuros inimigos, van facer
que sexa consciente da súa propia soidade.

Ashes of Time Redux é a nova versión da película máis ambiciosa e ata o de agora descoñecida de Wong Kar-wai rodada en 1994. Para esta definitiva versión, o director volveu rodar escenas, reformulou a estrutura da historia, engadiu efectos especiais e unha nova banda sonora.

Ficha artística:

  • Intérpretes: Leslie Cheung (Ouyang Feng), Tony Leung Ka Fai (Huang Yaoshi), Brigitte Lin (Murong Yin/Murong Yang), Tony Leung Chiu Wai (Espadachín cego),
    Carina Lau (Peach Blossom), Charlie Young (Moza), Jacky Cheung (Hong Qi), Maggie Cheung.

Ficha técnica:
  • Guión: Wong Kar-wai; baseado nunha novela de Louis Cha.
  • Produción: Wong Kar-wai, Jeff Lau e Jacky Pang Yee Wah.
  • Música: Frankie Chan e Roel A. García.
  • Fotografía: Christopher Doyle.
  • Montaxe: William Chang Suk Ping e Patrick Tam.
  • Deseño da produción: William Chang Suk Ping.
  • Vestiario: William Chang Suk Ping.

Datos técnicos:
  • Países: China.
  • Ano: 1994.
  • Duración: 93 minutos.
  • Xénero: Drama, acción.


4 de novembro de 2009
00:00
Salσn Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

5 de novembro de 2009
16:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

8 de novembro de 2009
21:00
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009