{*tit_cineuropa}

El baile de la victoria
Compostela cultura

Gala Premio Cineuropa. Fernando Trueba: El baile de la victoria

Director: Fernando Trueba

Coa chegada da democracia, o presidente de Chile decreta unha amnistía xeral para todos os presos sen delitos de sangue. Entre eles están o mozo Ángel Santiago (Abel Ayala) e o veterano Vergara Grey (Ricardo Darín), un famoso ladrón de caixas fortes. Os seus plans non poden ser máis opostos.

Mentres Vergara Grey só quere recuperar a súa familia e cambiar de vida, Ángel soña con se vingar do alcaide e dar un gran golpe. Pero no seu camiño vaise cruzar unha moza, Victoria (Miranda Bodenhöfer); as vidas dos tres sofren un cambio total que os levará a se enfrontar cun novo destino.

Ficha artística:

  • Intérpretes: Ricardo Darín (Vergara Grey), Abel Ayala (Ángel Santiago), Miranda Bodenhöfer (Victoria Ponce), Ariadna Gil (Teresa Capriatti), Luis Dubó (Marín), Mario Guerra (Wilson), Mariana Loyola (Lili), Gregory Cohen (Sergio).

Ficha técnica:
  • Guión: Fernando Trueba, Jonás Trueba e Antonio Skármeta; baseado na novela El baile de la victoria de Antonio Skármeta.
  • Produción: Jessica Huppert Berman.
  • Fotografía: Julián Ledesma.
  • Montaxe: Carmen Frías.
  • Dirección artística: Verónica Astudillo.
  • Vestiario: Lala Huete.

Datos técnicos:
  • País: España.
  • Ano: 2009.
  • Xénero: Drama.


19 de novembro de 2009
21:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

Entrada gratuíta previa recollida da localidade na billeteira.


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009