{*tit_cineuropa}

Elevator
Compostela cultura

Elevator

Director: George Dorobantu

A fertilidade do cinema romanés recente resulta tanto máis abraiante se se consideran as condicións en que se producen e consomen as películas nese país. Ródanse uns 20 filmes cada ano; hai pouco máis de 60 salas e o gasto anual medio en cinema, por habitante, é de menos de 4 centavos de dólar. Se nese panorama a aparición de cada nova Lazarescu ou Hooked semella a aterraxe dun ovni, o debut do mariñeiro Darabantu (nada de educación cinematográfica formal) viría ser a nave base.

Elevator custou -con letras para que non pensen que faltan ceros- douscentos euros: o mesmo que custa, en Europa, un teléfono celular dos bos. E un teléfono celular (pero non dos bos) é practicamente a único utensilio, e o máis vital, dentro do ascensor- cárcere-probable tumba no que queda atrapada a parella de adolescentes protagonista.

Todo este potente psicodrama, ao que non lle faltan humor nin suspenso nin agudos e discretos comentarios sociais, transcorre nesa caixa metálica de 3 por 2 metros. Un cinema mínimo pero expansivo que, mediante a montaxe e unha incrible variedade de postas de cámara, sae do encerro para respirar a árida liberdade do Gerry de Van Sant.

Ficha artística:

  • Intérpretes: Cristi Petrescus e Iulia Verdes.

Ficha técnica:
  • Guión: Gabriel Pintilei.
  • Fotografía: George Dorobantu.
  • Montaxe: George Dorobantu.
  • Produción:Gabriel Pintilei e Alexandra M. Paun

Datos técnicos:
  • Título orixinal: Elevator.
  • País: Romanía.
  • Ano: 2008.
  • Duración: 85 minutos.


9 de novembro de 2009
22:00
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

10 de novembro de 2009
18:00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

11 de novembro de 2009
18:00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

12 de novembro de 2009
16:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

13 de novembro de 2009
20:00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009