Director: Kiko Goifman
A primeira película de ficción do brasileiro Kiko Goifman (do que se viron no Bafici Atos dos homens e Handerson e as horas) tamén é un filme-ensaio de varias capas, deses que permanecen na memoria e na intelixencia despois de ser gozados con risos, noxos e mesmo sustos. Trata sobre un «documental» que fai Jean-Claude (Bernardet, un dos principais especialistas en cinema de Brasil) enfrontando á xente coas súas fobias (sexuais, ás ratas, ás arañas… tamén aos botóns, botóns!, e a moitas outras cousas).
Para iso se deseñan os máis estraños e admirables adminículos mecánicos, dignos dalgún relato sobre algún inventor chalado xenial e recluído, que de seu xa xustifican unha película (ou dúas). Pero ademais hai unha posta en abismo da moral e a verdade das imaxes, do seu poder e dos medos. E non imos adiantar máis porque Filmefobia é un filme que merece espectadores sorprendidos.
Ficha artística: