{*tit_cineuropa}

Ich bin enric marco
Compostela cultura

Ich bin Enric Marco

Director: Santiago Fillol e Lucas Vermal

O ex-presidente da principal asociación española de deportados, Enric Marco, emprende unha viaxe desmitificadora cara ao seu pasado, unha viaxe en coche a Alemaña. Dous anos antes, un historiador demostrou que Enric Marco non era o resistente que dicía ser e que as experiencias do campo de concentración relatadas durante anos na televisión eran inventadas.

Agora, Marco percorre o mesmo traxecto que fixo en tren en 1941 a bordo dun convoi de traballadores enviados por Franco a Hitler, en plena Guerra Mundial. Esa viaxe, que o debe conducir ao penal de Kiel, onde pasou un ano acusado de
actividades de propaganda comunista, antes de ser absolto e regresar a España, crúzase en varios puntos coa viaxe imaxinaria que tantas veces contou: a súa viaxe desde a resistencia francesa aos campos de concentración en trens
de gando, o mesmo destino que sufriron milleiros de republicanos españois exiliados tras a Guerra Civil.

Ficha artística:

  • Intérpretes: Enric Marco, Pau Lanao e Carme Vinyoles.

Ficha técnica:
  • Guión: Santiago Fillol e Lucas Vermal.
  • Fotografía: Marc Gómez del Moral.
  • Montaxe: Cristóbal Fernández e Sergi Díez.

Datos técnicos:
  • País: España.
  • Ano: 2009.
  • Duración: 90 minutos.
  • Xénero: Documental.


11 de novembro de 2009
20:00
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

12 de novembro de 2009
18:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

15 de novembro de 2009
18:00
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009