Director: Morgan Neville e Robert Gordon
Ninguén se libra da influencia de Johnny Cash: a súa música era para toda América. Xente que non está de acordo en nada, de repente ponse de acordo cando fala de Johnny Cash. A súa figura é un gran unificador, unha gran bandeira detrás da que marchar.
Cash era poliédrico e carismático; só así se entende que navegara en medio de todos aqueles mares, respectado por igual por punks e políticos, neocons e liberais, curas e drogadictos. Johnny Cash's America explora esta dicotomía ao longo de capítulos titulados cos temas clave da súa vida: Fe, Terra, Liberdade, Protesta, Xustiza, Familia, Verdade, Patriota e Redención.
Neles amósansenos os lados de Cash: o patriota testán e o irredimible drogadicto, o admirado músico e o amigo de políticos, o defensor do paria pero asiduo invitado na Casa Branca. O home e mais as súas circunstancias aparecen aquí mediante un incesante chorro de suculento arquivo Cash pero, sobre todo, cun gran despregamento de entrevistas: personaxes tan diversos como Al Gore, Snoop Dogg, Ozzy Osborne, Kris Kristofferson, John Cougar Mellencamp, Steve Earle, Tim Robbins, Bob Dylan -que o considera unha «figura
relixiosa»- e Sheryl Crow (e máis!) verbalizan apaixonadamente a súa admiración polo Home de Negro.
Ficha artística:
20 de novembro de 2009
23:45
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)
3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.
25 de novembro de 2009
01:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)
3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.