Director: Javi Camino, Brian Yuzna, Lars Von Trier, Phil Claydon, Neil Marshall, Don Edmonds
Cineuropa celebra un ano máis a súa noite máis bizarra. É tempo de coller as mantas e instalarse no Principal para asistir a un programa que abrangue sete películas, entre elas unha curta de Javi Camino e unha longametraxe sorpresa.
Un chico raro (curtametraxe)
Toni, un introvertido estudante, pasa os días seguindo e espiando as compañeiras de clase e mais outras mozas, coas que fantasía constantemente. O seu último obxecto de desexo é Natalia, unha moza que vive soa nun apartamento. Toni conseguiu o seu número de teléfono e disponse a lle gastar unha broma, mais non sospeita que Natalia non é o que parece...
Ficha artística:
- Intérpretes: Stela K., Toni Junyent, Pilar Miguélez, Alfonso Dávila.
Ficha técnica:
- Dirección: Javi Camino.
- Guión: Toni Junyent e Javi Camino.
Datos técnicos:
- País: España.
- Ano: 2009.
- Duración: 9 minutos.
The Dentist (O dentista)
O doutor Alan é un excéntrico e rico dentista que vive nunha gran mansión coa súa esposa Brooke. Unha mañá atopa a Brooke no xardín practicando sexo oral co rapaz encargado do mantemento da piscina. A obsesión que lle produce isto vaino levar a que se vingue atrozmente dela... e a que provoque estragos e aberracións nas bocas dos seus pobres pacientes.
Ficha artística:
- Intérpretes: Corbin Bernsen, Linda Hoffman, Michael Stadvek, Ken Foree, Molly Hagan, Jon Hoag, Mark Ruffalo, Brian Yuzna.
Ficha técnica:
- Dirección: Brian Yuzna.
- Guión: Stuart Gordon, Dennis Paoli e Charles Finch.
- Música: Alan Howarth.
- Fotografía: Levie Isaacks.
Datos técnicos:
- Título orixinal: The Dentist.
- Países: EUA.
- Ano: 1996.
- Duración: 92 minutos.
- Xénero: Terror.
Antichrist
Unha parella sumida na dor retírase a unha cabana perdida no medio do bosque coa esperanza de que o contacto coa natureza lles cure os corazóns rotos e salve o seu matrimonio. Pero a natureza segue o seu curso e as cousas empezan a ir de mal en peor. Antichrist non está recomendada para menores de 18 anos.
Ficha artística:
- Intérpretes: Willem Dafoe, Charlotte Gainsbourg.
Ficha técnica:
- Dirección: Lars Von Trier.
- Guión: Lars Von Trier.
- Produción: Meta Louise Foldager.
- Fotografía: Anthony Dod Mantle.
- Montaxe: Anders Refn.
- Deseño da produción: Karl Júlíusson.
- Vestiario: Frauke Firl.
Datos técnicos:
- Países: Dinamarca, Alemaña, Francia, Italia, Suecia e Polonia.
- Ano: 2008.
- Duración: 105 minutos.
- Xénero: Drama.
Lesbian Vampire Killers
Dous amigos deciden emprender unha aventura e intérnanse nun escuro bosque. Para a súa sorpresa, darán cun grupo de fermosas mulleres escravizadas por unhas vampiresas lesbianas, a causa dunha lenda ancestral. Xuntos deberán loitar e liberalas da estraña maldición.
Ficha artística:
- Intérpretes: Paul McGann (Vicar), James Corden (Fletch), Mathew Horne (Jimmy), MyAnna Buring (Lotte), Silvia Colloca (Carmilla), Vera Filatova (Eva), Ashley Mulheron (Trudi), Louise Dylan (Anke), Lucy Gaskell (Judy), Emer Kenny (Rebecca).
Ficha técnica:
- Dirección: Phil Claydon.
- Guión: Paul Hupfield e Stewart Williams.
- Produción: Steve Clark-Hall.
- Música: Debbie Wiseman.
- Fotografía: David Higgs.
- Montaxe: James Herbert.
- Deseño da produción: Keith Maxwell.
- Vestiario: Diana Moseley.
Datos técnicos:
- País: Reino Unido.
- Ano: 2009.
- Duración: 84 minutos.
- Xénero: Comedia, terror.
The Descent
Un ano despois dun tráxico accidente, seis amigas atópanse para a súa aventura anual nun lugar remoto dos montes Apalaches onde van practicar espeleoloxía. No máis profundo da cova o desastre golpéaas de novo cando se desprende unha rocha e bloquea a saída. As mozas decátanse de que Juno (Natalie Mendoza), sempre levando as cousas un pouco máis lonxe, as trouxo a unha cova inexplorada e da que ninguén as vai vir rescatar. O grupo divídese e rezan para que haxa outra saída.
Pero algo máis axexa baixo a terra, unha raza de humanoides monstruosos que se adaptaron perfectamente á vida na escuridade total. Cando as amigas comprenden que se converteron nas presas, deben despregar os instintos máis primarios nunha guerra total contra un horror indicible, un horror que ataca sen aviso, unha e outra vez.
Ficha artística:
- Intérpretes: Shauna MacDonald (Sarah), Natalie Mendoza (Juno), Alex Reid (Beth), Saskia Mulder (Rebecca), Nora Jane Noone (Holly), MyAnna Buring (Sam), Oliver Milburn (Paul), Molly Kayll (Jessica).
Ficha técnica:
- Dirección: Neil Marshall.
- Guión: Neil Marshall.
- Produción: Christian Colson.
- Música: David Julyan.
- Fotografía: Sam MacCurdy.
- Montaxe: Jon Harris.
- Deseño da produción: Simon Bowles.
- Dirección artística: Jason Knox-Johnston.
- Vestiario: Nancy Thompson.
Datos técnicos:
- Países: Reino Unido.
- Ano: 2005.
- Duración: 99 minutos.
- Xénero: Terror.
Ilsa, She Wolf of the SS (Ilsa, a loba das SS)
Dyanne Thorne é Ilsa, a implacable comandante dun campamento médico nazi que usa os prisioneiros (moitas veces mulleres núas) para as torturas máis dolorosas e brutais que lle pasan pola cabeza no nome da guerra, e para demostrar a súa supremacía sexual. Tamén usa os recrutas masculinos para se deitar con eles e capalos ao día seguinte.
Ficha artística:
- Intérpretes: Dyanne Thorne, Gregory Knoph, Tony Mumolo, Maria Marx, Jo Jo Devile, George »Buck» Flower, Rodina Keeler.
Ficha técnica:
- Dirección: Don Edmonds.
- Guión: Jonah Royston e John C.W. Saxton.
- Fotografía: Glenn Roland.
Datos técnicos:
- Título orixinal: Ilsa, She Wolf of the SS.
- Países: EUA e Alemaña.
- Ano: 1975.
- Duración: 96 minutos.
- Xénero: Terror, drama.
Película sorpresa
27 de novembro de 2009
20:15
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)
5 €.