Director: Sam Garbarski
Maggie, unha muller de mediana idade, debe conseguir diñeiro para pagar o tratamento médico que precisa o seu neto. A pesar de que xa esgotou todos os recursos financeiros, Maggie esfórzase en animar os desesperados pais do neno, o seu fillo Tom e a súa nora Sarah. Andando por Londres ve un cartel de "Búscase azafata" e Maggie, inxenua, entra sen o pensar nun club erótico. Cando se decata exactamente de que se trata, a respectable viúva de clase media queda sorprendida.
Pero Maggie decide aceptar o traballo porque é un modo rápido de obter cartos para pagar o tratamento do pequeno Olly. Maggie é tímida e non o pasa ben en "Sexy World", un mundo que queda moito máis lonxe ca o traxecto en tren desde a súa respectábel aldea no extrarradio da gran cidade.
A súa enxeñosa compañeira Luísa ensínalle os trucos do oficio e nace unha sorprendente amizade entre as dúas mulleres. Miki, o dono do local, é un tipo duro e mullereiro que se abranda diante de Maggie e a transforma na moi demandada e lucrativa "Irina Palm". Maggie acaba por se demostrar a si mesma que non é tan vella nin tan inútil. Así e todo, a dobre vida da viúva non tarda en chamar a atención das súas amigas e veciñas, auténticas cubilleiras.
Maggie non revela o seu segredo, e menos aínda ao seu fillo. Pero é inevitábel que a descubran. Deberá enfrontarse ao feo rostro da hipocrisía provinciana, ademais de cuestionar a súa moral. Coa cabeza ben alta, a simpática Maggie quizais atope algo máis ca o amor da súa familia...
Ficha artística: