Director: Paul Auster
Martin Frost, un escritor de éxito, acaba de publicar un libro cando decide retirarse unha tempada a unha casa de campo. Cando esperta a primeira mañá, Frost descubre sorprendido unha misteriosa e abraiante muller deitada ao seu carón. Fascinado pola súa beleza e intelixencia, Martin apaixónase profundamente por ela e pensa que se atopou coa musa que o vai axudar a escribir a súa mellor novela.
Quen é esta muller misteriosa que coñece tan ben a súa vida e a súa obra? Será unha musa real? Será unha imaxinación súa? Será un fantasma que se meteu na vida privada de Martin Frost?
Ficha artística: