Director: Tony Gilroy
Michael Clayton traballa para un famoso bufete de Nova York, aínda que non exerce de avogado. A súa especialidade é arranxar as cousas da maneira máis limpa e rápida posible. Non é nin policía nin avogado, senón a perfecta mestura entrambos: o can gardián, o conserxe, o mordomo fiel que sempre obedece e nunca pregunta.
Todo vai cambiar cando o seu mellor amigo dentro do bufete, Arthur Edens, que durante seis anos foi o encargado de defender os intereses de Agtek, unha importante multinacional de produtos agroquímicos, pasa ao bando contrario cando descobre un documento que demostra que esta multinacional foi a responsable da intoxicación de centos de granxeiros que utilizaron un dos seus produtos. O comportamento de Arthur vai facer perigar a estabilidade e os intereses tanto do bufete coma da poderosa multinacional, e isto provocará que Michael se vexa atrapado entre a lealdade do seu amigo e o cumprimento do seu deber.
Ficha artística: