{*tit_cineuropa}

Elección
Compostela cultura

A elección

Director: Johnnie To

A confraría mafiosa da Wo Shing Society abócase a un cisma polas retesías entre os dous candidatos que loitan pola súa presidencia. As tradicións batem coa voraz apetito dos negocios criminais.

Cada dous anos, os membros maiores da máis vella tríade de Hong Kong -a Wo Shing Society- elixen o seu novo presidente. As retesias feroces emerxen entre dous candidatos: Lok (Simon Yam), favorito para gañar, e Big D (Tony Leung Ka-Fai), quen non se vai deter ante nada para lograr o triunfo, mesmo deturpando as tradicións da sociedade recorrenso ao suborno e a violencia. Unha loita polo poder que ameaza co cisma á confraría mafiosa ao enfrontala as forzas antagónicas entre os métodos tradicionais de fraternidade e o voraz apetito do mundo dos negocios. Elección recrea os escenarios clásicos do cinema negro na moderna Hong Kong.

Ficha artística

    Intérpretes: Simon Yam (Lok); Tony Leung Ka-Fai (Big D); Louis Koo (Jimmy); Nick Cheung (Jet); Cheung Siu Fai (Sr. So); Lam Ka Tung (Lam Suet Kun); Wong Tin Lam (Tío Teung); Tam Ping Man (Tío Cocky); Maggie Shiu (Muller de Big D).

Ficha técnica
    Director: Johnnie To
    Guión: Yau Nai Hoi e Yip Tin Shing
    Produción: Dennis Law e Johnnie To
    Música: Lo Tayu
    Fotografía: Cheng Siu Keung
    Montaxe: Patrick Tam
    Dirección artística: Tony Yu
    Vestiario: Stanley Cheung.

Datos técnicos
    País: China
    Ano: 2005
    Duración: 101 minutos
    Xénero: Drama, suspense.



Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009