Director: Miranda July
Unha poética e minuciosa observación da loita da xente para se relacionar con outras persoas no medio do illamento contemporáneo.
Christine Jesperson (Miranda July) é unha artista solitaria que traballa como condutora de taxis para maiores. Ela utiliza as súas fantasías artísticas para sentirse máis cerca dos seus obxectos de desexo. Richard Swersey (John Hawkes), dependente dunha zapataría que se acaba de separar e ten dous nenos, parece estar preparado para as cousas sorprendentes que lle van pasar pero, cando coñece a Christine, sente pánico. A vida non é tan complicada para os fillos de Richard. Robby, de sete anos, mantén un perigoso romance a través da internet, mentres que Peter, de catorce anos, se converte en cobaia dunhas rapazas veciñas súas, que están practicando para os futuros noivados e vodas. Neste universo, o prosaico é transcendente e as persoas comúns e correntes convértense en personaxes luminosos que falan dos seus pensamentos máis íntimos, seguen secretos impulsos e experimentan momentos de sincera humanidade que ás veces se achegan ao surrealista. Buscan compañía por camiños atormentados e finalmente atopan alivio nos breves momentos en que conseguen conectar con alguén na terra.
Ficha artística
Ligazóns relacionadas: