Director: Deepa Mehta
Unha historia sobre a condición das mulleres novas da India que enviúvan prematuramente. Un relato que ademais continúa outras dúas historias, Fire e Earth.
A cinta, que segue ás previas obras da mesma autora Fire (unha historia lésbica que tamén escandalizou no seu país natal) e Earth, situada na India en loita pola independencia dos británicos nos anos 30, narra a historia dunhas mulleres, moitas delas nenas aínda, que pola súa condición de prematuras viúvas se convertían en parias sociais e moitas veces acababan condenadas á prostitución para sobrevivir. Un tema que, máis de sete décadas despois, está lonxe de ter solución no país, existindo aínda as "Casas de viúvas" onde eran acollidas en condicións infrahumanas.
Ficha artística
Ligazóns relacionadas: