Director: Vilgot Sjöman
Unha película que se desenvolve de xeito paralelo a Son curiosa: Amarelo e na que a protagonista segue tentando comprender a sociedade sueca.
Son curiosa: Azul desenvólvese en paralelo a Son curiosa: Amarelo. Continúan os esforzos de Lena (Lena Nyman) por comprender a sociedade sueca. Nesta ocasión as súas preocupacións xiran arredor de asuntos como a relixión, a sexualidade e o sistema de prisións, mentres que mantén a exploración das súas propias relacións persoais. Do mesmo xeito ca en Amarelo, Azul atravesa libremente as liñas que separan a realidade e a ficción, empregando unha mestura de técnicas propias do drama e do documental.
Ficha artística
Ligazóns relacionadas: