{*tit_cineuropa}

Exilios
Compostela cultura

Exilios

Director: Tony Gatlif

Unha mostra do camiño do exilio pero en sentido inverso da man de Zano e Naïma, que viaxan dende Francia a Alxeria percorrendo ao revés o camiño que antes fixeron seus pais.

Un día, Zano (Romain Duris) proponlle unha idea que non ten pés nin cabeza á súa compañeira Naïma (Lubna Azabal): atravesar Francia e España para acabar en Alxeria e coñecer, por fin, a terra da que os seus pais tiveron que fuxir tempo atrás. Case por puro desafío, coa música como única equipaxe, estes fillos do exilio emprenden a viaxe. Cheos de liberdade, déixanse levar uns días pola sensualidade de Andalucía, antes de decidirse a cruzar o Mediterráneo. Dun encontro ao seguinte, cun ritmo de tecno con aires de flamenco, Zano e Naïma realizan o camiño do exilio en sentido inverso, coa promesa de se atoparen a si mesmos cando remate a viaxe…

Ficha artística

  • Intérpretes: Romain Duris (Zano); Lubna Azabal (Naïma); Zouhir Gacem (Saïd); Leïla Makhlouf (Leïla); Habib Cheik (Habib)

Ficha técnica
  • Director: Tony Gatlif
  • Guión: Tony Gatlif
  • Produtor: Tony Gatlif
  • Música: Tony Gatlif e Delphine Mantoulet
  • Fotografía: Céline Bozon
  • Montaxe: Monique Dartonne
  • Deseño da produción: Brigitte Brassart

Datos técnicos
  • País: Francia
  • Ano: 2004
  • Duración: 103 minutos
  • Xénero: Drama
  • Estrea en Francia: 25 de agosto de 2004
  • Estrea en España: 17 de xuño de 2005

Ligazóns relacionadas:



Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009