Director: Bent Hamer
En 1944, amas de casa e profesores de Economía Doméstica suecos formaron o Instituto de Investigacións do Fogar, HFI, onde se investigaba para mellorar as condicións do traballo no fogar.
Alí os científicos experimentaban no laboratorio con máquinas e ferramentas para a cociña, co obxectivo de desenvolver novos e mellores produtos e mellorar as condicións de traballo no fogar. Na Suecia dos anos 50, en pleno florecemento económico, o Instituto descubriu que unha ama de casa media camiñaba ao ano na cociña, mentres prepara a comida, o equivalente da distancia entre Estocolmo e o Congo. Así que o Instituto Sueco de Investigacións do Fogar puxo en marcha un novo estudo: enviou un grupo de observadores a unha rexión campesiña de Noruega para que vixiaran o comportamento dos homes solteiros noruegueses nas cociñas. Tratábase de recoller informacións destinadas a concibir nun futuro próximo unha mellor utilización do lugar e do seu equipamento, a cociña máis funcional posible, a que traerá a felicidade ás casas. Os investigadores traballaban vinte catro horas ao día, empolicados nunha especie de cadeiras de árbitro de tenis, estratexicamente colocadas nun recuncho da cociña. Ademais, impónselles unha regra: non deben, baixo ningún concepto, dirixirlles a palabra aos investigados ou implicarse nas actividades da cociña para non arruinar o carácter científico do experimento.
Ficha artística
Ligazóns relacionadas: