Director: Sabina Guzzanti
Documental que aguilloa á clase política italiana e nos alerta sobre os perigos das democracias autoritarias que se basean no seu megacontrol mediático, político e económico.
Sabina Guzzanti rodou o documental nos momentos libres que lle deixaba unha xira por toda Italia e empezou a ter unha idea máis clara do que quería mentres facía as entrevistas, e o documental cobrou outra envergadura cando os entrevistados souberon comunicar con habilidade e destreza os seus puntos de vista. O que máis a fascinou deste proxecto foi ser testemuña da transformación dun sistema democrático noutra cosa, e o obxectivo, deixando a un lado o proceso histórico e político, era amosar como a percepción dos acontecementos cambiou gradualmente aos ollos da xente. Que mecanismos posibilitaban semellante cambio? "Co tempo", asegura, "tiven a idea de entrevistar outros humoristas que traballan en televisións estranxeiras e iso representou un momento crucial na realización da película". Era importante experimentar co concepto de "Europa" para descubrir que significa algo. Esta é unha película acerca da censura, pero tamén da liberdade, de como fala a liberdade, como se percibe, como se sente.
Ficha técnica
Ligazóns relacionadas: