Director: Diao Yi Nan
Producida á marxe da oficialidade chinesa, a segunda película do director da sobranceira 'Uniform', é unha obra visceral e brutalmente honesta, que retrata a soidade dunha muller confrontada cos seus desexos e a súa desesperación.
Protagonizada por unha funcionaria de prisións, espectadora muda da intransixencia e a inxustiza nun corredor da morte, que no tempo libre busca parella a través dunha axencia matrimonial. Tras unhas cantas citas desastrosas, un home misterioso acudirá no seu rescate e sentirase atraída por el até que descobre que esconden as súas intencións reais.
Ao xeito de Jia Zhangke, as transformacións sociais e a progresiva industrialización dunha empobrecida rexión, actúan como pano de fondo sobre o que se moven uns personaxes superados polos seus conflitos emocionais, pola súa radical soidade e polos imprevisibles efectos das reaccións humanas. A pesar de todo, o director dota a súa protagonista dunha fortaleza e unha dignidade que parecen impoñerse poderosamente ás adversas circunstancias.
Ficha artística: