{*tit_cineuropa}

Die Welle
Compostela cultura

Die Welle (A onda)

Director: Dennis Gansel

No outono de 1967 Ron Jones, un profesor de historia dun instituto de Palo Alto en California, non tivo resposta para a pregunta dun dos seus alumnos: Como é posible que o pobo alemán alegue ignorancia ante o masacre do pobo xudeu?

Nese momento Jones decidiu facer un experimento cos seus alumnos: instituíu un réxime de extrema disciplina na clase, restrinxiulles as liberdades e fíxoos formar en unidade. O nome deste movemento foi The Third Wave. Ante o asombro do profesor, os alumnos entusiasmáronse ata tal punto que aos poucos días empezaron a espiarse uns a outros e a acosar os que non se querían unir ao grupo. Ao quinto día Ron Jones viuse obrigado a acabar co experimento antes de que chegara demasiado lonxe.

Ficha artística:

  • Intérpretes: Jürgen Vogel, Rainer Wenger

Ficha técnica:
  • Dirección: Dennis Gansel
  • Guión: Dennis Gansel, Todd Strasser e Peter Thorwarth
  • Produción: Nina Maag
  • Música: Heiko Maile
  • Fotografía: Torsten Breuer

Datos técnicos:
  • Título orixinal: Die Welle
  • Xénero: Drama
  • País: Alemaña
  • Duración: 101 minutos
  • Ano: 2008



Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009