{*tit_cineuropa}

La soledad
Compostela cultura

Curta 'Episodio' e La soledad

Director: Jaime Rosales

Adela, unha moza separada e cun meniño dun ano de idade, está cansa da vida que leva na súa aldea natal ao norte de León. Deixa atrás as montañas e mais os paseos polos prados para trasladarse a Madrid, onde todo é ruído, tráfico e un continuo vaivén dun lado para outro.

Para saír adiante busca un traballo de azafata e múdase a un apartamento a carón de Carlos e Inés, dous mozos moi agradables. Os tres axiña se levan moi ben, comparten as comidas, as dúbidas e mais o tempo de lecer. Antonia, a nai de Inés, ten un pequeno supermercado de barrio; leva unha vida bastante tranquila xunto ao seu noivo, Manolo, e as súas tres fillas: Inés, Nieves e Helena, a maior.

Con todo, pouco a pouco, a súa pracenteira vida empeza a cambalear. Adela non tivo grandes dificultades para se adaptarse á vida urbana, a pesar de que o pai de Miguelito non a axuda demasiado economicamente. Un atentado terrorista, mentres viaxa en autobús, vaille esnaquizar a vida. A partir dese momento, deberá atopar a forza para regresar a unha vida normal.

Ficha artística:

  • Intérpretes: Sonia Almarcha, Petra Martínez, Miriam Correa, Nuria Mencía, María Bazán, Jesús Cracio, Luis Villanueva, Luis Bermejo, Juan Margallo, José Luis Torrijo, Carmen Gutiérrez

Ficha técnica:
  • Dirección: Jaime Rosales
  • Guión: Jaime Rosales e Enric Rufas
  • Produción: José María Morales, Jaime Rosales e Ricard Figueras
  • Fotografía: Óscar Durán
  • Montaxe: Nino Martínez Sosa
  • Vestiario: Eva Arretxe e Asun Arretxe
  • Dirección artística: Ion Arretxe

Datos técnicos:
  • Título orixinal: La soledad
  • Xénero: Drama
  • País: España
  • Duración: 130 minutos
  • Ano: 2007



Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2009